martes, 12 de junio de 2012

T10. Blogs



 Conceptos básicos sobre os blogs


Os blogs son actualmente un medio de opinión, utilizado por infinidade de persoas con distintos obxectivos: manifestar a súa opinión acerca de temas políticos, comunicar un sentimento, informar sobre un tema concreto, etc.
Un weblog é un sitio web que permite a unha persoa ou a un grupo, poñer as súas opinións a disposición de todos os usuarios de internet, así como o intercambio de opinións entre aqueles usuarios que o autor de web desexe.
Algunhas características dos blogs son:
  • Unha entrada é cada un dos artigos que publica o autor ou autores do blog. Os artigos publicados polos convidados ao blog denomínanse comentarios.
  • A publicación dos comentarios realízase a través dun formulario, sempre que o autor do blog o permita.
  • As entradas e comentarios publicados nun blog están ordenadas cronoloxicamente.
  • Nun blog adoita haber enlaces aos comentarios ou entradas anteriores. Tamén conteñen unha lista de enlaces a outros blogs recomendados, que se adoita denominar blogroll.
  • Todos os blogs conteñen unha lista de amigos, aos que o autor autoriza a publicar comentarios.
  • Ademais o texto, é posible incluír imaxes e vídeos. 
Como crear un blog
Como crear un blog
Para crear un blog é necesario conectarse á páxina dalgúns dos servidores que ofrecen esta posibilidade gratuíta. O que imos utilizar para desenvolver a explicación é La Coctelera, cuxa dirección é www.lacoctelera.com.
1. Facer clic sobre o enlace Crea o teu blog.
2. Complementar o formulario cos datos que se solicitan.
O nome que se escriba en campo Nome de usuario, será que posteriormente se utilice para acceder ao blog. Así, a dirección web do blog creado, será www.lacoctelera.com/nombre_de_usuario.
O contrasinal permitirá publicar as diferentes entradas e xestionar as opcións de configuración do blog.
 3. Activar a casa de verificación Lin e acepto as Condicións do servizo.
4. Facer clic sobre o enlace Continuar.
5. Seleccionar a aparencia que se desexa dar ao blog, activando o botón de opción correspondente a un dos equipos que se ofrecen na páxina.
6. Facer clic sobre o enlace Continuar
7.Facer clic sobre o enlace Publica a túa primeira historia.

LaCoctelera

Ten en conta
Algúns servidores onde albergar un blog gratuitamente son:
www.blogger.com
www.tublog.es
www.lacoctelera.com


 O título do blog e o primeiro articulo
Mentres se crea o blog e ao facer clic sobre o enlace publica a túa primeira historia, mostrarase unha páxina nova na que é posible introducir a información básica: o título do blog, información sobre o autor, artigos novos, etc. Para eles, teremos que:
1. Facer clic sobre o cadro Título, para introducir o texto que figurará na cabeceira do blog e unha breve descrición do seu contido.
2. Facer clic sobre o enlace Gardar
3. Facer clic sobre o cadro Sobre min e escribir unha liñas acerca do autor.
4. Facer clic sobre o enlace Gardar.
5. Facer clic sobre o cadro Novo artigo e escribir o primeiro artigo que se publicará no blog.
6. Facer clic sobre o enlace Publicar. Se non rematamos de escribir o artigo e quixeramos continualo máis tarde, faremos clic sobre o botón Gardar borrador.
Primeira entrada

Para darse a coñecer
Unha vez creado o blog e antes de crear a primeira entrada, o servidor permite enviar unha mensaxe de correo electrónico aos amigos co fin de dar difusión ao novo blog.
Ten en conta
En calquera momento poderemos visualizar o contido do blog, facendo clic sobre o enlace ver o meu blog.


viernes, 8 de junio de 2012

T9. Traballo colaborativo. Wikis.

Ferramentas Colaboradoras
Normalmente, a idea que se ten de interne é a de ser unha gran fonte de información na que se pode encontrar todo tipo de documentos. As xa coñecidas ferramentas como o correo electrónico, as listas de distribución, os chat e os grupos de noticias permiten intercambiar arquivos e opinións, aínda que o uso que se veu facendo delas dende a popularización de internet a estado enfocado mais cara ao ámbito lúdico que cara ao laboral.
Non obstante, as novas ferramentas que xurdiron e a rede están enfocadas á relación dun traballo concreto e, especialmente, un traballo que implica a participación e colaboración de múltiples persoas.
Entre as novas ferramentas, que permiten o traballo colaborador encóntranse os wikis, os blogs, os BSCW e os RSS.

Wiki
Os wikis constitúen unha das formas de colaboración máis novidosas que ofrece internet. Un wiki nun sitio web
que se constrúe a partir do traballo de moitos autores. Basicamente consiste nunha colección de paxinas web, que poden ser visitadas ou editar calquera persoa, sen pasar por ningún tipo de revisión ou censura previa.
O primeiro WikiWeb foi creado por Ward Cunningham en 1995, quen deu nome ao concepto wiki e creo o primeiro servidor wiki. Máis tarde, en 2001 se inicio o proxecto wikipedia, consiste na creación dunha enciclopedia virtual, que, hoxe en día, é o wiki mais grande que existe en versión inglesa e que se encontra en máis de noventa idiomas.
Un dos principais problemas dos wikis é o vandalismo, que consiste en introducir erros, incluír contidos inapropiados ou ofensivos, agregar publicidade, facer proselitismo, incluír material que viola os dereitos do autor ou, simplemente, incumprir as normas de wiki.
Para solucionar os problemas de vandalismo, pódense tomar algunhas medida como son: bloquear temporalmente o vándalo a través do seu nome de usuario ou a súa dirección IP, bloquear a páxina na que se están a producir os feitos e, en caso de extrema gravidade, bloquear toda a base de datos de wiki.

Wikis y blogs
La diferencia entre los wikis y los blogs es que, en el primer caso, se trata de un sitio web construido en colaboración por todas aquellas personas que deseen participar, con el objetivo de crear un lugar de conocimiento, mientras que los blog son creados por una persona, en ellos se publican artículos y opiniones, censurados por el autor, sin un objetivo final.
Como crear un wiki.
Existen varios servidores que ofrecen a posibilidade de crear e aloxar un wiki de forma gratuíta, aínda que moitos deles están en
inglés.
En todos eles, a forma de proceder é similar e en todo caso esta perfectamente indicada. Aquí, crearemos un wiki a través de wikispaces.com, para iso teremos que:
1. Abrir o navegador e conectar coa dirección web www.wikispaces.com.
2. Completar o cadro Join now, cun nome de usuario, un contrasinal, unha dirección de correo e nome para o wiki.
3. Facer clic sobre o botón Join.
4. Completar de novo o contrasinal.
5. Activar o botón de opción Public, para calquera usuario que o desexe poida completar a información do wiki.
6. Facer clic sobre o botón Join.
O wiki creouse. Para acceder a el e completar a páxina inicial e o resto de información que se desexe incluír, débese:
7. Escribir a dirección na barra de direccións do navegador (nome.wikispaces.com)
8. Facer clic sobre o botón Edit this page.
9. Completar o contido da páxina utilizando os botóns que se mostran na parte superior da ventá do editor.
10. Cando se finalice débese facer clic sobre o botón Save.


O teu wiki
A continuación enuméranse algúns servidores que permiten crear wikis:
Pbwiki.org (www.pbwiki.com)
Xwiki.com (www.xwiki.com)
Wetpain (www.wetpain.com)
Wikispaces (www.wikispaces.com)
SeddWiki (sedwiki.com)
JotSpot (www.jot.com)
EcoWiki (www.ecowiki.org)