viernes, 10 de febrero de 2012

CONEXIÓN A INTERNET

Provedor de servizos de internet
A conexión a internet realízase a través dun provedor de servizos de internet (ISP). Este provedor subministra un conxunto de datos que fan posible a configuración da conexión. Este conxunto de datos coñécese como conta de acceso a internet.
Proveedor de internet

Tipos de contas de acceso a internet
-Gratuítas. Non hai que pagar o provedor por facilitarnos esta conta. Cada vez que se accede págase polo tempo de conexión. Ofrécese para conexións analóxicas e se tarifica a prezo de chamadas locais.
-Con tarifa por franxa horaria. Ofrécense distintas tarifas en función do tempo de servizo ou do ancho de banda contratado.
-Tarifa plana. É a opción habitualmente usada nas liñas ADSL onde a tarifa dependerá da velocidade de conexión contratada, independentemente do tempo de acceso.

Tipos de conexión-Liña analóxica a través dun modem. Hai que realizar unha conexión especificando todos os datos do provedor no equipo que ten o modem.
-Liña dixital ADSL mediante un router. O router adoita ser subministrado pro o provedor previamente configurado cos datos de conexión.
-Conexión cun dispositivo móbil. É posible acceder a internet dende o móbil, PDA ou calquera outro dispositivo co conexión de telefonía móbil. Facilita a conexión onde hai dificultades para chegar co cable e dá a liberdade de ter unha conexión móbil.
Módem

Modem ou router
Modem. É un acrónimo dos termos modulador-demodulador; é dicir, é un dispositivo que transforma os sinais dixitais do ordenador en sinais analóxicos e viceversa.
Utilízase cando a conexión de internet é a través da liña de telefonía analóxica.
Router. Utilízase para a interconexión de redes de operadores. Por exemplo, na liña ADSL conéctase a rede do usuario coa rede internet.
Se é inarámico permitirá o acceso a internet dende dispositivos que se conecten vía WiFi.
Router

Conectar o router cos dispositivos
1. Enchufar os cables de rede entre router e os ordenadores e/ou o concentrador.
2. Conectar o cable de telefonía dende o router á liña ADSL.
3. Instalar os microfiltros nas rosetas telefónicas onde hai teléfonos.
4. Enchufar o router á corrente eléctrica e acender.
5. Esperar uns segundos ata que a luz ADSL do router estea acendida.
6. As luces dos portos do router, onde se conectou algún equipo, tamén deben estar acendidas.

Configuración dunha conexión ADSL
Un router ten unha dirección IP e, polo tanto, é tratado como outro equipo máis. Cando se utiliza un router, aínda que só haxa un ordenador, pódese falar dunha rede e será suficiente con tela configurada correctamente para poder acceder a internet. A configuración da rede pódese realizar:
Co asistente. Pódese utilizar o disco que subministra o provedor de servizos de internet ou o asistente do sistema operativo.
Manualmente. Asignado como porta de enlace para cada ordenador a dirección IP do router.
Configuración de ADSL

Acceder a internetAo entrar no navegador ou calquera programa que necesite acceder a internet activarase a conexión de acceso a internet predeterminada e, se todo é correcto, pódese comezar a navegar.

Comprobacións-O router vén por defecto cun servidor DHCP incorporado que asigna automaticamente unha dirección IP ao ordenador. Pódese comprobar que a dirección asignada é correcta cos comandos ipconfig ouifconfig, dependendo do sistema operativo.
- Para saber se hai conexión entre un equipo e o router, facer unping dende o ordenador á dirección IP do router.
- As luces verdes no router ou equipos adoitan indicar que hai boa conexión e as amarelas conflitos.
Aquí vos deixo un video relacionado co tema

No hay comentarios:

Publicar un comentario