lunes, 8 de abril de 2013

QUAKE


Quake es un videojuego de disparos en primera persona publicado por id Software el 31 de mayo de 1996. Introdujo algunos de los mayores avances en el género de los videojuegos en 3D: utiliza modelos tridimensionales para los jugadores y los monstruos en vez de sprites bidimensionales; y el mundo donde el juego tiene lugar está creado como un verdadero espacio tridimensional, en vez de ser un mapa bidimensional con información sobre la altura representado en tres dimensiones. También incorporó la utilización de los mapas de luz y las fuentes de luz en tiempo real, descartando la iluminación estática basada en sectores de los juegos anteriores. Ofreció, en su tiempo, uno de los motores físicos más realistas programados para un videojuego hasta la fecha. Muchos creen que proporcionó la plataforma para la revolución de las tarjetas gráficas 3D independientes, «GLQuake» fue la primera aplicación que, en esos días, demostró la capacidad verdadera del chipset Voodoo Graphics de 3DFX. El impacto del motor Quake engine puede aún sentirse en nuestros días.

La mayoría de la programación del motor del Quake fue realizada por John Carmack.Michael Abrash, un especialista en optimización del rendimiento de los programas, fue contratado para ayudar a que el motor de representación por software fuera posible teniendo en cuenta la velocidad. La banda sonora y efectos de sonido fue compuesta por Trent Reznor.

Quake y sus secuelas Quake II y Quake III Arena han vendido más de 4 millones de copias juntos.

martes, 12 de junio de 2012

T10. Blogs



 Conceptos básicos sobre os blogs


Os blogs son actualmente un medio de opinión, utilizado por infinidade de persoas con distintos obxectivos: manifestar a súa opinión acerca de temas políticos, comunicar un sentimento, informar sobre un tema concreto, etc.
Un weblog é un sitio web que permite a unha persoa ou a un grupo, poñer as súas opinións a disposición de todos os usuarios de internet, así como o intercambio de opinións entre aqueles usuarios que o autor de web desexe.
Algunhas características dos blogs son:
  • Unha entrada é cada un dos artigos que publica o autor ou autores do blog. Os artigos publicados polos convidados ao blog denomínanse comentarios.
  • A publicación dos comentarios realízase a través dun formulario, sempre que o autor do blog o permita.
  • As entradas e comentarios publicados nun blog están ordenadas cronoloxicamente.
  • Nun blog adoita haber enlaces aos comentarios ou entradas anteriores. Tamén conteñen unha lista de enlaces a outros blogs recomendados, que se adoita denominar blogroll.
  • Todos os blogs conteñen unha lista de amigos, aos que o autor autoriza a publicar comentarios.
  • Ademais o texto, é posible incluír imaxes e vídeos. 
Como crear un blog
Como crear un blog
Para crear un blog é necesario conectarse á páxina dalgúns dos servidores que ofrecen esta posibilidade gratuíta. O que imos utilizar para desenvolver a explicación é La Coctelera, cuxa dirección é www.lacoctelera.com.
1. Facer clic sobre o enlace Crea o teu blog.
2. Complementar o formulario cos datos que se solicitan.
O nome que se escriba en campo Nome de usuario, será que posteriormente se utilice para acceder ao blog. Así, a dirección web do blog creado, será www.lacoctelera.com/nombre_de_usuario.
O contrasinal permitirá publicar as diferentes entradas e xestionar as opcións de configuración do blog.
 3. Activar a casa de verificación Lin e acepto as Condicións do servizo.
4. Facer clic sobre o enlace Continuar.
5. Seleccionar a aparencia que se desexa dar ao blog, activando o botón de opción correspondente a un dos equipos que se ofrecen na páxina.
6. Facer clic sobre o enlace Continuar
7.Facer clic sobre o enlace Publica a túa primeira historia.

LaCoctelera

Ten en conta
Algúns servidores onde albergar un blog gratuitamente son:
www.blogger.com
www.tublog.es
www.lacoctelera.com


 O título do blog e o primeiro articulo
Mentres se crea o blog e ao facer clic sobre o enlace publica a túa primeira historia, mostrarase unha páxina nova na que é posible introducir a información básica: o título do blog, información sobre o autor, artigos novos, etc. Para eles, teremos que:
1. Facer clic sobre o cadro Título, para introducir o texto que figurará na cabeceira do blog e unha breve descrición do seu contido.
2. Facer clic sobre o enlace Gardar
3. Facer clic sobre o cadro Sobre min e escribir unha liñas acerca do autor.
4. Facer clic sobre o enlace Gardar.
5. Facer clic sobre o cadro Novo artigo e escribir o primeiro artigo que se publicará no blog.
6. Facer clic sobre o enlace Publicar. Se non rematamos de escribir o artigo e quixeramos continualo máis tarde, faremos clic sobre o botón Gardar borrador.
Primeira entrada

Para darse a coñecer
Unha vez creado o blog e antes de crear a primeira entrada, o servidor permite enviar unha mensaxe de correo electrónico aos amigos co fin de dar difusión ao novo blog.
Ten en conta
En calquera momento poderemos visualizar o contido do blog, facendo clic sobre o enlace ver o meu blog.


viernes, 8 de junio de 2012

T9. Traballo colaborativo. Wikis.

Ferramentas Colaboradoras
Normalmente, a idea que se ten de interne é a de ser unha gran fonte de información na que se pode encontrar todo tipo de documentos. As xa coñecidas ferramentas como o correo electrónico, as listas de distribución, os chat e os grupos de noticias permiten intercambiar arquivos e opinións, aínda que o uso que se veu facendo delas dende a popularización de internet a estado enfocado mais cara ao ámbito lúdico que cara ao laboral.
Non obstante, as novas ferramentas que xurdiron e a rede están enfocadas á relación dun traballo concreto e, especialmente, un traballo que implica a participación e colaboración de múltiples persoas.
Entre as novas ferramentas, que permiten o traballo colaborador encóntranse os wikis, os blogs, os BSCW e os RSS.

Wiki
Os wikis constitúen unha das formas de colaboración máis novidosas que ofrece internet. Un wiki nun sitio web
que se constrúe a partir do traballo de moitos autores. Basicamente consiste nunha colección de paxinas web, que poden ser visitadas ou editar calquera persoa, sen pasar por ningún tipo de revisión ou censura previa.
O primeiro WikiWeb foi creado por Ward Cunningham en 1995, quen deu nome ao concepto wiki e creo o primeiro servidor wiki. Máis tarde, en 2001 se inicio o proxecto wikipedia, consiste na creación dunha enciclopedia virtual, que, hoxe en día, é o wiki mais grande que existe en versión inglesa e que se encontra en máis de noventa idiomas.
Un dos principais problemas dos wikis é o vandalismo, que consiste en introducir erros, incluír contidos inapropiados ou ofensivos, agregar publicidade, facer proselitismo, incluír material que viola os dereitos do autor ou, simplemente, incumprir as normas de wiki.
Para solucionar os problemas de vandalismo, pódense tomar algunhas medida como son: bloquear temporalmente o vándalo a través do seu nome de usuario ou a súa dirección IP, bloquear a páxina na que se están a producir os feitos e, en caso de extrema gravidade, bloquear toda a base de datos de wiki.

Wikis y blogs
La diferencia entre los wikis y los blogs es que, en el primer caso, se trata de un sitio web construido en colaboración por todas aquellas personas que deseen participar, con el objetivo de crear un lugar de conocimiento, mientras que los blog son creados por una persona, en ellos se publican artículos y opiniones, censurados por el autor, sin un objetivo final.
Como crear un wiki.
Existen varios servidores que ofrecen a posibilidade de crear e aloxar un wiki de forma gratuíta, aínda que moitos deles están en
inglés.
En todos eles, a forma de proceder é similar e en todo caso esta perfectamente indicada. Aquí, crearemos un wiki a través de wikispaces.com, para iso teremos que:
1. Abrir o navegador e conectar coa dirección web www.wikispaces.com.
2. Completar o cadro Join now, cun nome de usuario, un contrasinal, unha dirección de correo e nome para o wiki.
3. Facer clic sobre o botón Join.
4. Completar de novo o contrasinal.
5. Activar o botón de opción Public, para calquera usuario que o desexe poida completar a información do wiki.
6. Facer clic sobre o botón Join.
O wiki creouse. Para acceder a el e completar a páxina inicial e o resto de información que se desexe incluír, débese:
7. Escribir a dirección na barra de direccións do navegador (nome.wikispaces.com)
8. Facer clic sobre o botón Edit this page.
9. Completar o contido da páxina utilizando os botóns que se mostran na parte superior da ventá do editor.
10. Cando se finalice débese facer clic sobre o botón Save.


O teu wiki
A continuación enuméranse algúns servidores que permiten crear wikis:
Pbwiki.org (www.pbwiki.com)
Xwiki.com (www.xwiki.com)
Wetpain (www.wetpain.com)
Wikispaces (www.wikispaces.com)
SeddWiki (sedwiki.com)
JotSpot (www.jot.com)
EcoWiki (www.ecowiki.org)

 

martes, 24 de abril de 2012

8. A sociedade da información

A sociedade da información
Na sociedade da información as barreiras e as distancias non existen, vólvense relativas. Hoxe en día é doado comunicarse con calquera parte do mundo, así como dispoñer de información procedente de calquera empresa ou institución. A comunicación prodúcese de forma instantánea, independentemente da situación dos interlocutores.

 Nesta sociedade non todo o mundo ten o mesmo acceso ás tecnoloxías.
tecnoloxía en todas as partes
 
Alfabetización dixital
A aparición das novas tecnoloxías da información e a comunicación hai suposta a creación, en breve espazo de tempo, de novos medios de acceso á información, como internet ou a telefonía móbil. Con eles apareceron novas linguaxes e novas formas de comunicar.
A alfabetización dixital consiste na aprendizaxe dos coñecementos necesarios para entender e utilizar axeitadamente as tecnoloxías e as linguaxes imprescindibles para vivir na sociedade da información.
Trátase en definitiva de estar capacitado para responder criticamente aos estímulos e esixencias dun ámbito cada vez máis complexo, con gran variedade de fontes, medios de comunicación e servizos.

Todo o mundo conectado




Aspectos positivos e negativos da sociedade da información
As tecnoloxías da información e a comunicación están a influír en todos os aspectos da vida e da organización social. O seu dominio esténdese a todos os campos da actividade humana, como a creación e organización de emprego, a relación entre as persoas, a distribución do poder na sociedade, a forma de adquisición do coñecemento e percepción da realidade, etc.
É evidente que a sociedade da información proporciona múltiples vantaxes facilitando o acceso á información e simplificando un gran número de tarefas que, sen a utilización das novas tecnoloxías, se converterán en tarefas realmente odiosas. Non obstante, é conveniente deterse un momento nos inconvenientes e os prexuízos que o abuso destas tecnoloxías poden levar consigo.
- A importancia da veracidade da información
A posibilidade de conseguir máis información favorece o estudo e a investigación, pero o feito de que haxa máis non asegura o éxito, pois é moi difícil separar o bo do que non serve. Pódese ter a sensación de que se está a informar de todo e ao instante, e, non obstante, ter unha visión totalmente deformada da realidade. 
A importancia da veracidade

- Do alfabetismo informático ao analfabetismo verbal
É unha evidencia que se vén poñendo de manifesto ano tras ano, que a capacidade de comprensión lectora estase a debilitar de forma xeral, non só porque os mozos len cada vez menos libros, senón porque aumenta a lectura de mensaxes breves e fraccionadas, como os que producen a navegación por internet, os chat ou o correo electrónico. Así a alfabetización informática podería vir acompañada dun crecente analfabetismo verbal, unha maior dificultade en construír frases completas e, polo tanto, dificultades de expresión, con todas as implicacións que iso pode levar consigo. 
- Deterioración dalgunhas habilidades
Hai séculos, cando os brazos e as mans empezaron a usarse para agarrar, trepar, tirar obxectos como pedras e frechas, se produciron cambios na estrutura do cerebro e do sistema nervioso dos seres humanos, que desenvolveron novos patróns de pensamento. Non obstante, a evidencia dos cambios ou danos ao desenvolvemento que poden producir as novas tecnoloxías só estanse a facer patentes en anos ou décadas despois do seu uso intensivo. É o caso dos teléfonos móbiles, cuxos posibles danos están a ser documentados unha década despois de iniciarse o seu uso masivo.
Hay que usar o pensamento


Ten en conta
Internet é unha fonte inesgotable de información, pero é necesario ser capaz de discernir entre a información veraz, da que non o é; é conveniente non nos conformar coa información encontrada senón probar cal é a fonte e se esta goza da suficiente confianza para que deamos por válida a información proporcionada.

A maiores
A sociedade da información é vista como a sucesora da sociedade industrial. Relativamente similares serían os conceptos de sociedade post-industrial, posfordismo, sociedade postmoderna, sociedade do coñecemento, entre outros. Este último concepto parecería estar a emerxer en detrimento da sociedade da información.
Aínda cando non existe un concepto mundialmente aceptado do que se chama sociedade da información, a maior parte dos autores concordan en que ao redor de 1970 se iniciou un cambio no xeito en que as sociedades funcionan. Este cambio refírese basicamente a que os medios de xeración de riqueza pouco a pouco se están trasladando dos sectores industriais aos sectores de servizos. Noutras palabras, suponse que nas sociedades modernas, a maior parte dos empregos xa non estarán asociados ás fábricas de produtos tanxibles, senón á xeración, almacenamento e procesamento de todo tipo de información. Os sectores relacionados coas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) desempeñan un papel particularmente importante dentro deste esquema.
Dende a perspectiva da economía globalizada contemporánea, a sociedade da información concede ás TIC o poder de converterse nos novos motores de desenvolvemento e progreso. Se na segunda metade do século XX os procesos de industrialización fabrís marcaron a pauta no desenvolvemento económico das sociedades occidentais que operaban baixo unha economía de mercado, a principios do século XXI fálase xa, máis ben, das "industrias sen cheminea", é dicir, do sector dos servizos e, de xeito especial, das industrias da informática.
Moitos críticos sinalaron que a chamada sociedade da información non é senón unha versión actualizada do imperialismo cultural exercido dende os países ricos cara aos pobres, especialmente porque se favorecen esquemas de dependencia tecnolóxica.
Unha característica do posfordismo é a feminización da forza de traballo.

7. Fundamento teórico de internet

Protocolo de conmutación paquetes, TCP/IP
Internet permite conectar ordenadores de todo o mundo independentemente do sistema operativo que utilicen e a subrede á que pertenzan. Para que isto sexa posible é necesario dispoñer dun protocolo común e único, de forma que todos os ordenadores poidan interpretar e entender correctamente a información que circula entre eles. O protocolo que utilizan os equipos conectados a internet é o protocolo TCP/IP.
O protocolo TCP/IP en realidade é un sistema de protocolos. O primeiro, TCP, baséase en dividir paquetes, na orixe, a información que se envía a través da rede; estes paquetes viaxarán por diferentes camiños ata chegar ao seu destino e recompoñerse de novo. O segundo, IP, dirixe a información axeitadamente a través de internet.

Que é un host ?
O termo host utilízase para referirse a un ordenador cuxa función é servir de punto de inicio e final das transferencias de datos a través de internet, é dicir, un ordenador que se encontra permanentemente conectado a internet e a través do que acceden todos os que se encontran conectados a el.
Tamén se utiliza o termo host para referirse ao ordenador no que reside un sitio web.

Dirección IP
Cada ordenador conectado a internet ten unha dirección exclusiva que o distingue de calquera outro ordenador no mundo. Esta dirección está formada por catro números separados por puntos, cada uns dos cales pode tomar valores de 0 a 255. Por exemplo, os seguintes números poderían ser direccións IP válidas: 130.238.44.5, 199.22.124.12 y 148.76.43.23.
En ocasións faise unha distinción entre a dirección IP pública e privada. A dirección IP pública é a que se utiliza para identificar o equipo en internet cando se navega, descárgase o correo ou faise uso de calquera dos servizos que proporciona a rede. A dirección IP privada é a que ten asignada o noso ordenador. Habitualmente estas direccións coinciden, non obstante nos casos nos que a conexión a internet se produce unha rede privada, usando un router, a dirección IP pública poderá ser a do router e a privada será a que identifica o ordenador na rede. 

O sistema de nome de dominio, DNS
Inicialmente o número de ordenadores conectados a internet era limitado, polo que abondaba unha simple táboa para asociar cada equipo coa súa dirección IP. O número de usuarios foi crecendo exponencialmente, de modo que recordar as direccións IP de cada un deles volveuse imposible.
Para solucionar este problema e facilitar o uso de internet aos usuarios asignáronse nomes aos ordenadores conectadoas á rede, de forma que resultase innecesario recordar as súas direccións IP. Así, se creo o Sistema de Nome de Dominio (DNS) que permitía identificar os ordenadores mediante un sistema xerárquico de nomes sinxelos de recordar, e que indican a súa situación xeográfica ou o propósito ao que están destinados.
Por exemplo, o nome ficticio pitagoras.mat.iesmm.es, podería corresponder ao ordenador Pitágoras, do departamento de matemáticas (subdominio mat) do IES María Moliner (subdominioiesmm), pertencente ao dominio principal é, que significa España.
Os servidores de nome de dominio son ordenadores que teñen a función de relacionar o nome de dominio do ordenador do que se solicita a información coa súa dirección IP e viceversa, a direcciónIP co nome de dominio. Para iso, os servidores de nomes de dominio dispoñen de bases de datos ligadas entre si, coma se se tratase dunha base de datos única.

Localizador Uniforme de Recursos (URL)
O URL (Uniform Resource Locator) é unha secuencia de carácteres que, seguindo un formato estándar, identifica a cada un dos recursos (imaxes, documentos, vídeos, etc.) de internet, pola súa localización. En consecuencia, a dirección URL debe conter o nome de dominio do servidor no que se encontra albergado o recurso que identifica.
O formato estándar que segue un URL é:
protocolo://nombre de dominio do servidor/directorio/ficheiro
Por exemplo, http://www.iesmariamoliner.es/certamenliterario/elolivar.htm fai referencia a un ficheiro, que se denomina elolivar.htm, que se encontra no servidor www.iesmariamoliner dentro da carpetacertamenliterario. 

Como descubrir a dirección IP
Para coñecer a dirección IP dun equipo conectado a internet que utiliza o sistema operativo Windows débense realizar os seguintes pasos:
1. Facer clic sobre o botón Inicio.
2. Seleccionar as opcións Todos os programas, Accesorios e Símbolo do sistema.
3. Escribir o comando ipconfig e pulsar Intro.
 

martes, 10 de abril de 2012

6. Historia de internet

Internet: unha rede de redes
Nunha primeira aproximación poderiamos dicir que internet é unha rede mundial de redes de ordenadores, que permite a estes comunicarse en forma directa compartindo información e servizos ao longo da maior parte do mundo.
Cada ordenador que forma parte dunha rede conectada a internet pode comunicarse con calquera outro, con tal de que este último tamén pertenza a internet. Para que esta comunicación sexa posible, é necesaria a existencia dun protocolo, que non é outra cousa que un conxunto de convencións que determinan como se realizará o intercambio de datos entre dous ordenadores ou programas.
Os protocolos usados por todas as redes que forman parte de internet chámanse abreviadamente TCP/IP, siglas que corresponden ao protocolo de control de transmisión (Transmisión Control Protocol) e ao protocolo de internet (internet Protocol).

Novas posibilidades que ofrece internet
As posibilidades que ofrece a rede de redes en relación coa comunicación e o intercambio de información son innumerables; cada día establécense novos sistemas e créanse novas ferramentas que facilitan a comunicación entre os usuarios de internet. Entre todas estas posibilidades, ademais das directamente relacionadas coa comunicación, cabe destacar algunhas outras de grande interese en diversos campos, como poden ser a medicina, a economía ou a investigación:



-Internet é un enorme almacén de información, que se pode conseguir de xeito case instantáneo. Aínda que se fai distinguir entre a información válida e veraz da que non o é.
-A rede hoxe en día é un gran mercado. Un espazo inmellorable para a actividade económica. A través de internet, podemos comprar e vender todo tipo de produtos.
-As culturas e sectores minoritarios teñen a oportunidade de utilizar a rede para a súa difusión. Unha das maiores vantaxes de como esta construído internet é a oportunidade que ofrece á diversidade para crear o seu propio espazo, as súas canles de comunicación, os seus mecanismos de difusión e distribución da información.
-A posibilidade de que un equipo de médicos poida discutir en tempo real, a través de interneto diagnóstico dun paciente en situación de risco e mesmo analizar as súas radiografías e dirixir unha operación a miles de quilómetros de distancia.
-Os investigadores e entidades participantes no proxecto Xenoma Humano poden transferir as súas enormes bases de datos máis rapidamente sobre internet.
-Os astrónomos tamén poden compartir datos de telescopios localizados en diferentes partes do mundo.

Nacimiento y evolución de internet
1966
Guerra Fría
Durante la Guerra fría, y bajo el control del departamento de defensa de los EE.UU., comienza a desarrollarse el proyecto ARPANET. Su objetivo era idear un programa mediante el que, en el hipotético caso de un ataque de la URSS, se pudiera tener acceso a la información militar desde cualquier punto del país. La solución era una red compuesta de ordenadores en la que todos los nodos tuvieran la misma importancia, de forma que la desaparición de uno o varios de ellos no afectara al tráfico entre los otros.
 1969
Semanas antes de que o ser humano chegase á Lúa, conectáronse catro ordenadores, creando a primeira rede ARPANET.
Pegada del hombre en la luna
1972
Presentáronse publicamente os resultados obtidos. Incorpóranse máis ordenadores á rede ARPANET, chegando a ser máis de 200 en 1981.
As conexións ARPANET eran pagadas polo goberno de EUA e restrinxíronse a sitios militares,universidades e algunhas grandes compañías que financiaban proxectos de investigación ou proporcionaban servizos.
Os primeiros servizos que brindou ARPANET foron o acceso a ordenadores remotos (Telenet), a transferencia de arquivos e a impresión remota. Tamén apareceu o primeiro programa de correo electrónico, que pronto se converteu nunha das aplicacións máis utilizadas.
1983
Establécese o protocolo TCP/IP como protocolo estándar que utilizarían todas as redes conectadas a ARPANET. Paralelamente, a parte militar de ARPANET forma unha rede independente MILNET, reservando a primeira para fins de investigación.
Poderíase podería considerar este momento como o nacemento de internet. O número de ordenadores interconectados era 500.
1989
Desaparece ARPANET, pero xa se establecera unha malla mundial entre moitas institucións que crearan as súas propias redes que podían comunicarse entre si. O número de ordenadores conectados superaba os 100.000.
Tim Berners-Lee
Tim Berners-Lee, investigador de CERN, desenvolve un sistema de comunicación baseado no hipertexto, coa intención de facilitar o fluxo de información entre os científicos. Créanse o protocolo http e a linguaxe html. Este sistema sería a orixe da World Wide Web.
1992
O crecemento do número de usuarios e o volume de información dispoñible facía difícil encontrar unha información concreta, sen dispoñer dun mapa ou sistema de organización desta. Así, apareceron os primeiros sistemas que permitían obter unha lista de direccións, como son Archie ou Gophers.
1993
Aparecen os primeiros navegadores web.
Dende este momento e ata a data creáronse infinidade de aplicacións que permiten enviar, recibir, clasificar e xestionar o correo electrónico, así como outras formas de intercambio de información sobradamente coñecidas, que fan da sociedade actual a sociedade da información e a comunicación.
Mosaic