martes, 10 de abril de 2012

6. Historia de internet

Internet: unha rede de redes
Nunha primeira aproximación poderiamos dicir que internet é unha rede mundial de redes de ordenadores, que permite a estes comunicarse en forma directa compartindo información e servizos ao longo da maior parte do mundo.
Cada ordenador que forma parte dunha rede conectada a internet pode comunicarse con calquera outro, con tal de que este último tamén pertenza a internet. Para que esta comunicación sexa posible, é necesaria a existencia dun protocolo, que non é outra cousa que un conxunto de convencións que determinan como se realizará o intercambio de datos entre dous ordenadores ou programas.
Os protocolos usados por todas as redes que forman parte de internet chámanse abreviadamente TCP/IP, siglas que corresponden ao protocolo de control de transmisión (Transmisión Control Protocol) e ao protocolo de internet (internet Protocol).

Novas posibilidades que ofrece internet
As posibilidades que ofrece a rede de redes en relación coa comunicación e o intercambio de información son innumerables; cada día establécense novos sistemas e créanse novas ferramentas que facilitan a comunicación entre os usuarios de internet. Entre todas estas posibilidades, ademais das directamente relacionadas coa comunicación, cabe destacar algunhas outras de grande interese en diversos campos, como poden ser a medicina, a economía ou a investigación:



-Internet é un enorme almacén de información, que se pode conseguir de xeito case instantáneo. Aínda que se fai distinguir entre a información válida e veraz da que non o é.
-A rede hoxe en día é un gran mercado. Un espazo inmellorable para a actividade económica. A través de internet, podemos comprar e vender todo tipo de produtos.
-As culturas e sectores minoritarios teñen a oportunidade de utilizar a rede para a súa difusión. Unha das maiores vantaxes de como esta construído internet é a oportunidade que ofrece á diversidade para crear o seu propio espazo, as súas canles de comunicación, os seus mecanismos de difusión e distribución da información.
-A posibilidade de que un equipo de médicos poida discutir en tempo real, a través de interneto diagnóstico dun paciente en situación de risco e mesmo analizar as súas radiografías e dirixir unha operación a miles de quilómetros de distancia.
-Os investigadores e entidades participantes no proxecto Xenoma Humano poden transferir as súas enormes bases de datos máis rapidamente sobre internet.
-Os astrónomos tamén poden compartir datos de telescopios localizados en diferentes partes do mundo.

Nacimiento y evolución de internet
1966
Guerra Fría
Durante la Guerra fría, y bajo el control del departamento de defensa de los EE.UU., comienza a desarrollarse el proyecto ARPANET. Su objetivo era idear un programa mediante el que, en el hipotético caso de un ataque de la URSS, se pudiera tener acceso a la información militar desde cualquier punto del país. La solución era una red compuesta de ordenadores en la que todos los nodos tuvieran la misma importancia, de forma que la desaparición de uno o varios de ellos no afectara al tráfico entre los otros.
 1969
Semanas antes de que o ser humano chegase á Lúa, conectáronse catro ordenadores, creando a primeira rede ARPANET.
Pegada del hombre en la luna
1972
Presentáronse publicamente os resultados obtidos. Incorpóranse máis ordenadores á rede ARPANET, chegando a ser máis de 200 en 1981.
As conexións ARPANET eran pagadas polo goberno de EUA e restrinxíronse a sitios militares,universidades e algunhas grandes compañías que financiaban proxectos de investigación ou proporcionaban servizos.
Os primeiros servizos que brindou ARPANET foron o acceso a ordenadores remotos (Telenet), a transferencia de arquivos e a impresión remota. Tamén apareceu o primeiro programa de correo electrónico, que pronto se converteu nunha das aplicacións máis utilizadas.
1983
Establécese o protocolo TCP/IP como protocolo estándar que utilizarían todas as redes conectadas a ARPANET. Paralelamente, a parte militar de ARPANET forma unha rede independente MILNET, reservando a primeira para fins de investigación.
Poderíase podería considerar este momento como o nacemento de internet. O número de ordenadores interconectados era 500.
1989
Desaparece ARPANET, pero xa se establecera unha malla mundial entre moitas institucións que crearan as súas propias redes que podían comunicarse entre si. O número de ordenadores conectados superaba os 100.000.
Tim Berners-Lee
Tim Berners-Lee, investigador de CERN, desenvolve un sistema de comunicación baseado no hipertexto, coa intención de facilitar o fluxo de información entre os científicos. Créanse o protocolo http e a linguaxe html. Este sistema sería a orixe da World Wide Web.
1992
O crecemento do número de usuarios e o volume de información dispoñible facía difícil encontrar unha información concreta, sen dispoñer dun mapa ou sistema de organización desta. Así, apareceron os primeiros sistemas que permitían obter unha lista de direccións, como son Archie ou Gophers.
1993
Aparecen os primeiros navegadores web.
Dende este momento e ata a data creáronse infinidade de aplicacións que permiten enviar, recibir, clasificar e xestionar o correo electrónico, así como outras formas de intercambio de información sobradamente coñecidas, que fan da sociedade actual a sociedade da información e a comunicación.
Mosaic

No hay comentarios:

Publicar un comentario