martes, 24 de abril de 2012

8. A sociedade da información

A sociedade da información
Na sociedade da información as barreiras e as distancias non existen, vólvense relativas. Hoxe en día é doado comunicarse con calquera parte do mundo, así como dispoñer de información procedente de calquera empresa ou institución. A comunicación prodúcese de forma instantánea, independentemente da situación dos interlocutores.

 Nesta sociedade non todo o mundo ten o mesmo acceso ás tecnoloxías.
tecnoloxía en todas as partes
 
Alfabetización dixital
A aparición das novas tecnoloxías da información e a comunicación hai suposta a creación, en breve espazo de tempo, de novos medios de acceso á información, como internet ou a telefonía móbil. Con eles apareceron novas linguaxes e novas formas de comunicar.
A alfabetización dixital consiste na aprendizaxe dos coñecementos necesarios para entender e utilizar axeitadamente as tecnoloxías e as linguaxes imprescindibles para vivir na sociedade da información.
Trátase en definitiva de estar capacitado para responder criticamente aos estímulos e esixencias dun ámbito cada vez máis complexo, con gran variedade de fontes, medios de comunicación e servizos.

Todo o mundo conectado




Aspectos positivos e negativos da sociedade da información
As tecnoloxías da información e a comunicación están a influír en todos os aspectos da vida e da organización social. O seu dominio esténdese a todos os campos da actividade humana, como a creación e organización de emprego, a relación entre as persoas, a distribución do poder na sociedade, a forma de adquisición do coñecemento e percepción da realidade, etc.
É evidente que a sociedade da información proporciona múltiples vantaxes facilitando o acceso á información e simplificando un gran número de tarefas que, sen a utilización das novas tecnoloxías, se converterán en tarefas realmente odiosas. Non obstante, é conveniente deterse un momento nos inconvenientes e os prexuízos que o abuso destas tecnoloxías poden levar consigo.
- A importancia da veracidade da información
A posibilidade de conseguir máis información favorece o estudo e a investigación, pero o feito de que haxa máis non asegura o éxito, pois é moi difícil separar o bo do que non serve. Pódese ter a sensación de que se está a informar de todo e ao instante, e, non obstante, ter unha visión totalmente deformada da realidade. 
A importancia da veracidade

- Do alfabetismo informático ao analfabetismo verbal
É unha evidencia que se vén poñendo de manifesto ano tras ano, que a capacidade de comprensión lectora estase a debilitar de forma xeral, non só porque os mozos len cada vez menos libros, senón porque aumenta a lectura de mensaxes breves e fraccionadas, como os que producen a navegación por internet, os chat ou o correo electrónico. Así a alfabetización informática podería vir acompañada dun crecente analfabetismo verbal, unha maior dificultade en construír frases completas e, polo tanto, dificultades de expresión, con todas as implicacións que iso pode levar consigo. 
- Deterioración dalgunhas habilidades
Hai séculos, cando os brazos e as mans empezaron a usarse para agarrar, trepar, tirar obxectos como pedras e frechas, se produciron cambios na estrutura do cerebro e do sistema nervioso dos seres humanos, que desenvolveron novos patróns de pensamento. Non obstante, a evidencia dos cambios ou danos ao desenvolvemento que poden producir as novas tecnoloxías só estanse a facer patentes en anos ou décadas despois do seu uso intensivo. É o caso dos teléfonos móbiles, cuxos posibles danos están a ser documentados unha década despois de iniciarse o seu uso masivo.
Hay que usar o pensamento


Ten en conta
Internet é unha fonte inesgotable de información, pero é necesario ser capaz de discernir entre a información veraz, da que non o é; é conveniente non nos conformar coa información encontrada senón probar cal é a fonte e se esta goza da suficiente confianza para que deamos por válida a información proporcionada.

A maiores
A sociedade da información é vista como a sucesora da sociedade industrial. Relativamente similares serían os conceptos de sociedade post-industrial, posfordismo, sociedade postmoderna, sociedade do coñecemento, entre outros. Este último concepto parecería estar a emerxer en detrimento da sociedade da información.
Aínda cando non existe un concepto mundialmente aceptado do que se chama sociedade da información, a maior parte dos autores concordan en que ao redor de 1970 se iniciou un cambio no xeito en que as sociedades funcionan. Este cambio refírese basicamente a que os medios de xeración de riqueza pouco a pouco se están trasladando dos sectores industriais aos sectores de servizos. Noutras palabras, suponse que nas sociedades modernas, a maior parte dos empregos xa non estarán asociados ás fábricas de produtos tanxibles, senón á xeración, almacenamento e procesamento de todo tipo de información. Os sectores relacionados coas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) desempeñan un papel particularmente importante dentro deste esquema.
Dende a perspectiva da economía globalizada contemporánea, a sociedade da información concede ás TIC o poder de converterse nos novos motores de desenvolvemento e progreso. Se na segunda metade do século XX os procesos de industrialización fabrís marcaron a pauta no desenvolvemento económico das sociedades occidentais que operaban baixo unha economía de mercado, a principios do século XXI fálase xa, máis ben, das "industrias sen cheminea", é dicir, do sector dos servizos e, de xeito especial, das industrias da informática.
Moitos críticos sinalaron que a chamada sociedade da información non é senón unha versión actualizada do imperialismo cultural exercido dende os países ricos cara aos pobres, especialmente porque se favorecen esquemas de dependencia tecnolóxica.
Unha característica do posfordismo é a feminización da forza de traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario