martes, 24 de enero de 2012

CONEXIÓN ENTRE DISPOSITIVOS MÓBILES

Dispositivos móbiles
Os avances tecnolóxicos na miniaturización de dispositivos e a evolución das redes inarámicas levaron cada vez máis á integración na nosa sociedade de dispositivos informáticos pequenos e portátiles. Estes dispositivos caracterízanse por ser móbiles, tendo capacidade de procesamento e comunicación en rede, polo que as posibilidades que ofrecen son practicamente infinitas: vixilancia, telefonía, música... en calquera momento e lugar.
Entre os dispositivos móbiles inclúense:
-Ordenadores portátiles.
-Dispositivos de man como teléfonos móbiles, asistentes dixitais persoais (PDA), gps, videocámaras, etc.
-Dispositivos que se poden levar postos como reloxos dixitais con funcionalidades semellantes á dos PDA, pezas de vestir con tecnoloxía implantada, sensores, etc.
-Dispositivos inseridos en aparatos como vehículos, electrodomésticos, etc.
A facilidade de transporte de moitos destes dispositivos, xunto coa súa capacidade para conectarse axeitadamente a redes diferentes en lugares, fai posible a computación móbil e ubicua.
Interconectador

Computación móbil e ubicua
- Chámase computación móbil á realización de tarefas informáticas mentres o usuario está en movemento ou en lugares distintos do seu ámbito habitual. Isto permite que os usuarios poidan acceder a internet (de casa ou do traballo)dende calquera lugar e poidan imprimir utilizando a impresora máis próxima.
Unha das características máis esenciais para o uso de dispositivos móbiles é a súa conexión doada á rede local mediante enlaces inarámicos que poden manterse aínda que haxa movemento (trens, barcos, etc).
Un dispositivo colocado nun novo ámbito reconfigurar se automaticamente e sen intervención do usuario. Por exemplo, un teléfono móbil detecta de forma automática a nova rede ao viaxar a outro país.
-Computación ubicua é a integración da informática no ámbito de usuarios utilizando dispositivos móbiles que poidan comunicarse entre eles de forma intelixente e transparente ao usuario. Por exemplos, é posible ver a imaxe da cámara de vixilancia no móbil, ou recibir un aviso cando a lavadora remata.
GPS

Adaptadores USBPara converter algúns dispositivos como PC, portátiles, impresoras, etc., en móbiles pódese usar unha tarxeta inarámica ou un adaptadorUSB. A vantaxe dos adaptadores USB é que non necesitan montaxe, simplemente conectar o adaptador nun porto USB.
Adaptador USB

Tipos de conexión inarámicaA conexión de dispositivos móbiles necesita redes de comunicacións inarámicas (wireless networks). Existen diversas tecnoloxías de comunicacións inarámicas. Algunhas das máis utilizadas son:
- Redes WiFi, son redes de área local inaámbrica para a conexión de ordenadores.
Redes WiMAX, son redes de área local metropolitana (uns 50 km) que permiten a conexión por anda ancha de alta velocidade.
-Redes ad-hoc, permiten a conexión directa de dispositivos entre si, sen necesidade de dispoñer un punto de acceso que centralice a xestión da comunicacións inarámicas de rede.
-Comunicación WAP, para comunicacións inarámicas por telefonía móbil.
-Redes por infravermellos (IR), permiten a comunicación entre dous dispositivos, visibles entre si, usando ondas infravermellas.
-BlueTooth, utilízase para a conexión inarámica de curto alcance (10 metros). Esta tecnoloxía inclúena diversos dispositivos como teclados, iPod, móbiles, impresoras, PDA, cámaras dixitais, auriculares, etc., para intercambiar información.
Dispositivos móbiles

BlackberryÉ un dispositivo handheld inarámico co que se podes utilizar os servizos de correo electrónico, telefonía móbil, SMS, navegación web e outros servizos de información inarámicos.
Blackberry

viernes, 20 de enero de 2012

COMPARTIR RECURSOS

Compartir recursos en Windows
Para poder compartir recursos en rede é necesario que a configuración da rede de área local estea activada a Compartir impresoras e arquivos. 
Para iso, dentro de conexións de rede, facer clic con é botón dereito do rato sobre conexión de área local para ver as súas propiedades.
-Compartir carpetas e discos
Para compartir carpetas ou discos os pasos son similares:
1. Pulsar o botón dereito do rato sobre o que se vai compartir.
2. Seleccionar a opción Compartir e Seguridade.
3. O cadro de diálogo que aparece é diferente en función de que estea activado o Uso compartido simple de arquivos ou non. En calquera caso, seleccionar a opción Compartir esta carpeta.
-Na compartición simple, pódese activar a casa Permitir que os usuarios da rede cambien os meus arquivos se se permite acceso total a ela na rede; de non a marcar só poderá ser lida ou copiada, non modificada.
-Na compartición con permisos, facer clic sobre o botón Permisos para asignar os permisos aos distintos usuarios.
4. Facer clic en Aplicar e Aceptar para que os cambios fagan efecto.

Compartir impresoras
-No equipo con impresora.
1. Facer clic en inicio e seleccionar a opción impresoras e fax.
2. Pulsar o botón dereito do rato sobre a icona da impresora e seleccionar a opción compartir.
3. Activar a casa compartir impresora.
4. Premer en aplicar e aceptar.
5. Visualizarase nunha icona.
- No resto de equipos
1. Facer clic en inicio e seleccionar a opción impresoras e fax.
2. Facer clic sobre o enlace agregar unha impresora e iniciarase un asistente moi sinxelo no que soamente hai que indicar o equipo da rede onde se encontra conectada a impresora a agregar.
3. Visualizarase unha icona.

Compartir recursos baixo sistemas operativos
É posible traballar nunha mesma rede, con equipos, que tes diferentes sistemas operativos instalados. Isto conséguese grazas a ,a aplicación SAMBA de Linux.
Dende Windows, accédese aos recursos compartidos noutros equipos, con Windows, utilizando o Ámbito de rede e navegando polos diferentes recursos.


Aqui vos deixo un enlace dunha páxina con máis información

jueves, 19 de enero de 2012

XESTIÓN DE USUARIOS E PERMISOS

Creación de grupos de usuarios
Windows un sistema multiusuario. Isto permite que varias persoas poidan usar o mesmo ordenador para realizar as tarefas.
Ambos os dous asignan contas aos distintos usuarios. Dependendo do tipo de usuario e os permisos que teña, o sistema permítelle o acceso aos recursos aos que estea autorizado.
Grupos de usuarios

IdentificaciónPara entrar nun sistema operativo multiusuario solicítase un nome de usuario e un contrasinal.
Unha vez introducidos estes datos, o sistema operativo permite o acceso aos recursos que teñan autorizados dependendo do tipo de usuario.
Identificación

Xestión de contas en Windows
As contas dos usuarios xestiónanse dende Contas de usuario no Panel de control.
Pódense crear novas contas, modificar ou eliminar as xa existentes, etc.
Gestión de Windows

Espazo de traballo
Ao espazo de traballo dun usuario chámaselle Conta de usuario. A cada conta asígnaselle un directorio específico no disco duro onde se almacena toda a información de cada usuario, os seus documentos, favoritos, personalización do escritorio, etc.

Tipos de usuarios-Administrador ou root. É o encargado da configuración e mantemento do sistema. Ten acceso a privilexios sobre todos os recursos. Pode instalar e desinstalar programas ou hardware, xestionar aos usuarios, etc.
-Usuario. É quen utiliza o sistema e ten acceso aos recursos que o administrador lle permite. Non pode cambiar a configuración nin eliminar arquivos esenciais.
-Grupo. Os usuarios asócianse en grupos para facilitar certas tarefas, como compartir recursos. Cada usuario poderá acceder aos seus propios recursos e aos do grupo ao que pertence.
Exemplos de grupos son Alumnos, Profesores, Convidados, etc.
Sistema Operativo Android

Adxudicación de permisos en Windows
Para definir, ver, cambiar ou quitar permisos de arquivos e carpetas:
1. Facer clic co botón dereito do rato no arquivo ou carpeta e seleccionar Propiedades.
2. Seleccionar a pestana Seguridade. Móstrase un listado de todos o grupos ou usuarios que teñen dereitos sobre o obxecto.
3. Utilizar o botón Quitar para eliminar os usuarios que non terán acceso, ou ben, Agregar para engadir novos usuarios.
4. Ao seleccionar un grupo ou usuario móstranse os Permisos de usuario de que dispón podendo permitirse ou denegar cada un deles.
Se na ventá Propiedades non se mostra a pestana Seguridade:
1. Facer clic en Inicio.
2. Entrar no Panel de control.
3. Seleccionar Aparencia e temas.
4. Entrar en Opcións de carpeta.
5. Na pestana Ver, desactivar a casa Utilizar uso compartido simple de arquivos, que se encontra no apartado Configuración avanzada.
Liciencias

martes, 17 de enero de 2012

CONFIGURACIÓN DUNHA REDE

Configuración en Windows
unha vez instalados os elementos que compoñen unha de, o seguinte paso é configurar cada un dos equipos para que a rede comece a funcionar.
En calquera momento se pode verificar ou modificar esta configuración.
1. Entrar no menú Inicio.
2. Facer clic co botón dereito do rato na icona Meus sitios de rede. Aparecerá a icona que informa sobre o estado da rede de área local.
3. Premer sobre esta icona co botón dereito e seleccionar Propiedades.
4. Facer dobre clic sobre Protocolo de internet.
Unha vez seguidos estes pasos aparece o cadro de diálogo coas propiedades da conexión de área local dende onde se poden configurar parámetros referentes á rede, tales como:
-Nome do equipo
-Grupo de traballo
-Máscara de subrede
-Porta de enlace
-DNS

Identificación na rede
Cada un dos equipos que pertences a unha rede debe ter asignado un Nome distinto.
Á súa vez, estes equipos deben pertencer a un mesmo grupo de traballo que identifica á rede.
Exemplos:
-Grupo de traballo:
CASA
-Nome dos equipos:
PC Goyi
PC Alberto
PC Portátil

Comprobar o funcionamento da rede en Windows
1. Abrir o menú de Inicio e facer clic sobre Meus sitios de rede. Aparece unha pantalla cos documentos compartidos na rede.
2. Para ver todos os ordenadores que forman parte da rede, facer clic en Ver equipos do grupo de traballo, mostrándose os equipos conectados á rede nese momento.

Conectarse a unha rede WiFi dende un equipo
Un equipo WiFi conéctase automaticamente á rede que haxa ao seu alcance.
Facendo dobre clic sobre a icona é posible elixir entre unha das redes inarámicas dispoñibles tendo en conta que as redes con seguridade habilitada requiren un contrasinal.

Coñecer a dirección IP
Para coñecer a IP que ten asignada un equipo á rede, executar o comando Ipconfig

Ping
Serve para verificar a correcta conexión con outros dispositivos da rede. Ping envía paquetes de datos ao dispositivo especificado por unha dirección IP.
Hai que comprobar a estatísticas para verificar se os paquetes enviados son entregados ou non.

viernes, 13 de enero de 2012

CREACIÓN DE REDES LOCALES

Dispositivos de interconexión
Os dispositivos para interconectar os equipos variarán en función das características da rede. Os máis comúns son:
-Tarxetas de rede. Cada un dos equipos debe ter instalada unha tarxeta de rede. As tarxetas poden ser:
Ethernet. Utilizan un conector RJ-45, parecido ao do teléfono, que é onde irá conectado o cable.
-WiFi. Son tarxetas inarámicas que permiten conectar o ordenador a través de ondas. Pódese utilizar a de calquera fabricante sempre que cumpra os estándares.
-Concentradores. Os concentradores son os dispositivos que conectan os cables que proceden de cada equipo. Para iso dispoñen de portos con conectores RJ-45. Os concentradores poden ser:
Hub. É o máis básico e úsase en pequenas redes. Os datos que lle chegan son enviados a todos os equipos da rede. O ordenador destinatario recibe a información e o resto omítena.
Switch. Realiza a mesma función que un hub pero de forma "intelixente", xa que soamente envía os datos ao equipo destinatario.
CONCENTRADOR
-Puntos de acceso. Teñen a mesma funcionalidade que os hubs ou switch, pero substitúen os cables por ondas.
-Router. É máis avanzado que un concentrador e permite xestionar direccións IP, conectar distintas redes entre si, establecer a conexión a internet, etc. Se o router é inarámico é posible conectarse directamente cos equipos sen necesidade de concentradores ou cableado.
-Cables de rede. Aínda que existen varios tipos, é máis utilizado en redes locais é o par trenzado. Trátase dun cable formado internamente por oito fíos condutores que se encontran trenzados de dous en dous para apantallalo contra interferencias.
Cando se trata de redes con requirimentos de altas velocidades utilízase a cable e dispositivos de fibra óptica. Encarece a montaxe pero as prestacións son moi altas.
Cable de PAR trenzado
Instalación e configuración de dispositivos
-Tarxetas de rede. Retirar a carcasa do equipo e conectar a tarxeta nunha das rañuras de expansión dispoñibles. É necesario instalar os drivers da tarxeta no equipo; para iso, teremos que seguir os pasos que facilita o provedor utilizando o disco de instalación.
-Concentradores. Non requiren configuración e abonda con conectalos á corrente eléctrica para que realicen a súa función.
-Puntos de acceso. Simplemente deben estar conectados, cun cable, ao router ou a outro concentrador.
-Router. Ha de ser configurado cos parámetros do provedor de internet. Normalmente vén configurado para comezar a funcionar. Se é inarámico é conveniente asegurarse que a rede inarámica ten a seguridade habilitada para impedir que outros usuarios teñan acceso.
-Cableado. Un extremo conéctase á tarxeta de rede do equipo e o outro ao concentrador ou router. Hai que ter certas precaucións na súa instalación como non dobrar en cable, non o fixar á parede con material que poida danalo, etc.
Tarjeta de red

Conexión dos compoñentes
Actualmente a maioría de redes están organizadas en torno a un punto central que interconecta os dispositivos que a compoñen. Esta estrutura coñécese como tipoloxía en estrela e caracterízase por conectar todos os equipos a un concentrador.
Un dos equipos desta rede pode actuar como servidor de impresión, servidor de correo, etc.
Para que a rede teña conexión a internet, soamente hai que conectar o concentrador a un router conectado a internet.
Para crear subredes ou ampliar a rede é posible conectar concentradores entre si utilizando un porto especial que dispoñen para iso.
ROUTER

Redes mixtas
Es posible crear una red mixta con equipos cableados y equipos inalámbricos.
Para ello se utiliza un punto de acceso inalámbrico. Este punto permite conectar un portátil o equipo alejado a una red cableada.
HUB interconectado

martes, 10 de enero de 2012

REDES INFORMÁTICAS

É un conxunto de ordenadores conectados entre sí que poden compartir datos e recursos.

Tipos de redes.
Clasifícanse según:
Tamaño ou área de cobertura
Lan. Son redes que pequena extensión.
Wan. Estas redes interconectan equipos xeograficamente máis dispersos.
Segundo o seu nivel de acceso ou privacidade
-Internet. É unha rede mundial de redes de ordenadores. Caracterízase por ser de acceso público e permitir aos seus usuarios comunicarse e compartir información e servizos en todo o mundo.
-Intranet. É unha rede local que utiliza ferramentas de internet. Pódese considerar como unha internet privada que funciona dentro dunha mesma institución.
-Extranet. É unha rede privada virtual resultante da interconexión de dous ou máis intranets utilizando para iso internet como medio de comunicación.

Equipos nunha rede.
-O servidor. É o ordenador que proporciona recursos compartidos e servizos aos usuarios dunha rede. Os servizos poden ser de web, correo electrónico, impresión, etc.
-Os clientes. Son o resto dos equipos conectados á rede. Normalmente estes equipos traballan de forma autónoma accedendo á rede para intercambiar información ou utilizar os recursos e servizos que ofrece o servidor.

WLAN.
Un tipo de redes de área local bastante estendidas son as Redes de Área Local Inarámicas ou WLAN. Estas redes permiten aos usuarios acceder a información e recursos sen necesidade de estar fisicamente conectados a un determinado lugar.

Recurso compartido.
Un recurso compartido é calquera dispositivo, conxunto de datos ou programa que pode compartirse nunha rede. Poden ser recursos compartidos os arquivos, as carpetas, unha base de datos, o disco duro, unha impresora, lector de DVD, etc.

Conceptos básicos sobre redes.
É necesario coñecer conceptos para a súa montaxe, configuración e posterior uso. Algúns son:
- A comunicación é o proceso que involucra un emisor, a unha mensaxe que é transmitida a través dunha canle e a un receptor.
- Protocolo. Para que un emisor e un receptor poidan entenderse entre si é necesario que utilice unha mesma linguaxe. En informática, a esta linguaxe e conxunto de regras chámaselle protocolo. O protocolo máis utilizado é o TCP/IP.
-Dirección IP. É a dirección de rede do ordenador. Cada un dos ordenadores que forman parte da rede identifícase por un número denominado dirección IP.
-Máscara de rede. Número similar á dirección IP, que determina que parte da dirección IP especifica ao equipo e que parte á subrede a que pertence. Utilízase para crear subredes.
-Grupo de traballo. Os equipos agrúpanse en subredes para facilitar o seu uso. Para que os equipos dunha rede se poidan conectar entre si han de estar nun mesmo grupo de traballo.
-Porta de enlace ou Gateway. É a dirección IP a través da cal se sae da rede local cara ao exterior, xa sexa outra rede ou internet.
-DNS, Sistema de Nome por Dominio. As direccións IP son difíciles de recordar polos usuarios. Por iso utilízase en DNS que asocia as direccións IP a un conxunto de palabras máis doadas de recordar.