Compartir recursos en Windows
Para poder compartir recursos en rede é necesario que a configuración da rede de área local estea activada a Compartir impresoras e arquivos.
Para iso, dentro de conexións de rede, facer clic con é botón dereito do rato sobre conexión de área local para ver as súas propiedades.
-Compartir carpetas e discos
Para compartir carpetas ou discos os pasos son similares:
1. Pulsar o botón dereito do rato sobre o que se vai compartir.
2. Seleccionar a opción Compartir e Seguridade.
3. O cadro de diálogo que aparece é diferente en función de que estea activado o Uso compartido simple de arquivos ou non. En calquera caso, seleccionar a opción Compartir esta carpeta.
-Na compartición simple, pódese activar a casa Permitir que os usuarios da rede cambien os meus arquivos se se permite acceso total a ela na rede; de non a marcar só poderá ser lida ou copiada, non modificada.
-Na compartición con permisos, facer clic sobre o botón Permisos para asignar os permisos aos distintos usuarios.
4. Facer clic en Aplicar e Aceptar para que os cambios fagan efecto.
Compartir impresoras
-No equipo con impresora.
1. Facer clic en inicio e seleccionar a opción impresoras e fax.
2. Pulsar o botón dereito do rato sobre a icona da impresora e seleccionar a opción compartir.
3. Activar a casa compartir impresora.
4. Premer en aplicar e aceptar.
5. Visualizarase nunha icona.
- No resto de equipos
1. Facer clic en inicio e seleccionar a opción impresoras e fax.
2. Facer clic sobre o enlace agregar unha impresora e iniciarase un asistente moi sinxelo no que soamente hai que indicar o equipo da rede onde se encontra conectada a impresora a agregar.
3. Visualizarase unha icona.
Compartir recursos baixo sistemas operativos
É posible traballar nunha mesma rede, con equipos, que tes diferentes sistemas operativos instalados. Isto conséguese grazas a ,a aplicación SAMBA de Linux.
Dende Windows, accédese aos recursos compartidos noutros equipos, con Windows, utilizando o Ámbito de rede e navegando polos diferentes recursos.
Aqui vos deixo un enlace dunha páxina con máis información
No hay comentarios:
Publicar un comentario