viernes, 13 de enero de 2012

CREACIÓN DE REDES LOCALES

Dispositivos de interconexión
Os dispositivos para interconectar os equipos variarán en función das características da rede. Os máis comúns son:
-Tarxetas de rede. Cada un dos equipos debe ter instalada unha tarxeta de rede. As tarxetas poden ser:
Ethernet. Utilizan un conector RJ-45, parecido ao do teléfono, que é onde irá conectado o cable.
-WiFi. Son tarxetas inarámicas que permiten conectar o ordenador a través de ondas. Pódese utilizar a de calquera fabricante sempre que cumpra os estándares.
-Concentradores. Os concentradores son os dispositivos que conectan os cables que proceden de cada equipo. Para iso dispoñen de portos con conectores RJ-45. Os concentradores poden ser:
Hub. É o máis básico e úsase en pequenas redes. Os datos que lle chegan son enviados a todos os equipos da rede. O ordenador destinatario recibe a información e o resto omítena.
Switch. Realiza a mesma función que un hub pero de forma "intelixente", xa que soamente envía os datos ao equipo destinatario.
CONCENTRADOR
-Puntos de acceso. Teñen a mesma funcionalidade que os hubs ou switch, pero substitúen os cables por ondas.
-Router. É máis avanzado que un concentrador e permite xestionar direccións IP, conectar distintas redes entre si, establecer a conexión a internet, etc. Se o router é inarámico é posible conectarse directamente cos equipos sen necesidade de concentradores ou cableado.
-Cables de rede. Aínda que existen varios tipos, é máis utilizado en redes locais é o par trenzado. Trátase dun cable formado internamente por oito fíos condutores que se encontran trenzados de dous en dous para apantallalo contra interferencias.
Cando se trata de redes con requirimentos de altas velocidades utilízase a cable e dispositivos de fibra óptica. Encarece a montaxe pero as prestacións son moi altas.
Cable de PAR trenzado
Instalación e configuración de dispositivos
-Tarxetas de rede. Retirar a carcasa do equipo e conectar a tarxeta nunha das rañuras de expansión dispoñibles. É necesario instalar os drivers da tarxeta no equipo; para iso, teremos que seguir os pasos que facilita o provedor utilizando o disco de instalación.
-Concentradores. Non requiren configuración e abonda con conectalos á corrente eléctrica para que realicen a súa función.
-Puntos de acceso. Simplemente deben estar conectados, cun cable, ao router ou a outro concentrador.
-Router. Ha de ser configurado cos parámetros do provedor de internet. Normalmente vén configurado para comezar a funcionar. Se é inarámico é conveniente asegurarse que a rede inarámica ten a seguridade habilitada para impedir que outros usuarios teñan acceso.
-Cableado. Un extremo conéctase á tarxeta de rede do equipo e o outro ao concentrador ou router. Hai que ter certas precaucións na súa instalación como non dobrar en cable, non o fixar á parede con material que poida danalo, etc.
Tarjeta de red

Conexión dos compoñentes
Actualmente a maioría de redes están organizadas en torno a un punto central que interconecta os dispositivos que a compoñen. Esta estrutura coñécese como tipoloxía en estrela e caracterízase por conectar todos os equipos a un concentrador.
Un dos equipos desta rede pode actuar como servidor de impresión, servidor de correo, etc.
Para que a rede teña conexión a internet, soamente hai que conectar o concentrador a un router conectado a internet.
Para crear subredes ou ampliar a rede é posible conectar concentradores entre si utilizando un porto especial que dispoñen para iso.
ROUTER

Redes mixtas
Es posible crear una red mixta con equipos cableados y equipos inalámbricos.
Para ello se utiliza un punto de acceso inalámbrico. Este punto permite conectar un portátil o equipo alejado a una red cableada.
HUB interconectado

No hay comentarios:

Publicar un comentario