jueves, 19 de enero de 2012

XESTIÓN DE USUARIOS E PERMISOS

Creación de grupos de usuarios
Windows un sistema multiusuario. Isto permite que varias persoas poidan usar o mesmo ordenador para realizar as tarefas.
Ambos os dous asignan contas aos distintos usuarios. Dependendo do tipo de usuario e os permisos que teña, o sistema permítelle o acceso aos recursos aos que estea autorizado.
Grupos de usuarios

IdentificaciónPara entrar nun sistema operativo multiusuario solicítase un nome de usuario e un contrasinal.
Unha vez introducidos estes datos, o sistema operativo permite o acceso aos recursos que teñan autorizados dependendo do tipo de usuario.
Identificación

Xestión de contas en Windows
As contas dos usuarios xestiónanse dende Contas de usuario no Panel de control.
Pódense crear novas contas, modificar ou eliminar as xa existentes, etc.
Gestión de Windows

Espazo de traballo
Ao espazo de traballo dun usuario chámaselle Conta de usuario. A cada conta asígnaselle un directorio específico no disco duro onde se almacena toda a información de cada usuario, os seus documentos, favoritos, personalización do escritorio, etc.

Tipos de usuarios-Administrador ou root. É o encargado da configuración e mantemento do sistema. Ten acceso a privilexios sobre todos os recursos. Pode instalar e desinstalar programas ou hardware, xestionar aos usuarios, etc.
-Usuario. É quen utiliza o sistema e ten acceso aos recursos que o administrador lle permite. Non pode cambiar a configuración nin eliminar arquivos esenciais.
-Grupo. Os usuarios asócianse en grupos para facilitar certas tarefas, como compartir recursos. Cada usuario poderá acceder aos seus propios recursos e aos do grupo ao que pertence.
Exemplos de grupos son Alumnos, Profesores, Convidados, etc.
Sistema Operativo Android

Adxudicación de permisos en Windows
Para definir, ver, cambiar ou quitar permisos de arquivos e carpetas:
1. Facer clic co botón dereito do rato no arquivo ou carpeta e seleccionar Propiedades.
2. Seleccionar a pestana Seguridade. Móstrase un listado de todos o grupos ou usuarios que teñen dereitos sobre o obxecto.
3. Utilizar o botón Quitar para eliminar os usuarios que non terán acceso, ou ben, Agregar para engadir novos usuarios.
4. Ao seleccionar un grupo ou usuario móstranse os Permisos de usuario de que dispón podendo permitirse ou denegar cada un deles.
Se na ventá Propiedades non se mostra a pestana Seguridade:
1. Facer clic en Inicio.
2. Entrar no Panel de control.
3. Seleccionar Aparencia e temas.
4. Entrar en Opcións de carpeta.
5. Na pestana Ver, desactivar a casa Utilizar uso compartido simple de arquivos, que se encontra no apartado Configuración avanzada.
Liciencias

No hay comentarios:

Publicar un comentario