unha vez instalados os elementos que compoñen unha de, o seguinte paso é configurar cada un dos equipos para que a rede comece a funcionar.
En calquera momento se pode verificar ou modificar esta configuración.
1. Entrar no menú Inicio.
2. Facer clic co botón dereito do rato na icona Meus sitios de rede. Aparecerá a icona que informa sobre o estado da rede de área local.
3. Premer sobre esta icona co botón dereito e seleccionar Propiedades.
4. Facer dobre clic sobre Protocolo de internet.
Unha vez seguidos estes pasos aparece o cadro de diálogo coas propiedades da conexión de área local dende onde se poden configurar parámetros referentes á rede, tales como:
-Nome do equipo
-Grupo de traballo
-Máscara de subrede
-Porta de enlace
-DNS
Identificación na rede
Cada un dos equipos que pertences a unha rede debe ter asignado un Nome distinto.
Á súa vez, estes equipos deben pertencer a un mesmo grupo de traballo que identifica á rede.
Exemplos:
-Grupo de traballo:
CASA
-Nome dos equipos:
PC Goyi
PC Alberto
PC Portátil
Comprobar o funcionamento da rede en Windows
1. Abrir o menú de Inicio e facer clic sobre Meus sitios de rede. Aparece unha pantalla cos documentos compartidos na rede.
2. Para ver todos os ordenadores que forman parte da rede, facer clic en Ver equipos do grupo de traballo, mostrándose os equipos conectados á rede nese momento.
Conectarse a unha rede WiFi dende un equipo
Un equipo WiFi conéctase automaticamente á rede que haxa ao seu alcance.
Facendo dobre clic sobre a icona é posible elixir entre unha das redes inarámicas dispoñibles tendo en conta que as redes con seguridade habilitada requiren un contrasinal.
Coñecer a dirección IP
Para coñecer a IP que ten asignada un equipo á rede, executar o comando Ipconfig
Para coñecer a IP que ten asignada un equipo á rede, executar o comando Ipconfig
Ping
Serve para verificar a correcta conexión con outros dispositivos da rede. Ping envía paquetes de datos ao dispositivo especificado por unha dirección IP.
Hai que comprobar a estatísticas para verificar se os paquetes enviados son entregados ou non.
No hay comentarios:
Publicar un comentario