martes, 10 de enero de 2012

REDES INFORMÁTICAS

É un conxunto de ordenadores conectados entre sí que poden compartir datos e recursos.

Tipos de redes.
Clasifícanse según:
Tamaño ou área de cobertura
Lan. Son redes que pequena extensión.
Wan. Estas redes interconectan equipos xeograficamente máis dispersos.
Segundo o seu nivel de acceso ou privacidade
-Internet. É unha rede mundial de redes de ordenadores. Caracterízase por ser de acceso público e permitir aos seus usuarios comunicarse e compartir información e servizos en todo o mundo.
-Intranet. É unha rede local que utiliza ferramentas de internet. Pódese considerar como unha internet privada que funciona dentro dunha mesma institución.
-Extranet. É unha rede privada virtual resultante da interconexión de dous ou máis intranets utilizando para iso internet como medio de comunicación.

Equipos nunha rede.
-O servidor. É o ordenador que proporciona recursos compartidos e servizos aos usuarios dunha rede. Os servizos poden ser de web, correo electrónico, impresión, etc.
-Os clientes. Son o resto dos equipos conectados á rede. Normalmente estes equipos traballan de forma autónoma accedendo á rede para intercambiar información ou utilizar os recursos e servizos que ofrece o servidor.

WLAN.
Un tipo de redes de área local bastante estendidas son as Redes de Área Local Inarámicas ou WLAN. Estas redes permiten aos usuarios acceder a información e recursos sen necesidade de estar fisicamente conectados a un determinado lugar.

Recurso compartido.
Un recurso compartido é calquera dispositivo, conxunto de datos ou programa que pode compartirse nunha rede. Poden ser recursos compartidos os arquivos, as carpetas, unha base de datos, o disco duro, unha impresora, lector de DVD, etc.

Conceptos básicos sobre redes.
É necesario coñecer conceptos para a súa montaxe, configuración e posterior uso. Algúns son:
- A comunicación é o proceso que involucra un emisor, a unha mensaxe que é transmitida a través dunha canle e a un receptor.
- Protocolo. Para que un emisor e un receptor poidan entenderse entre si é necesario que utilice unha mesma linguaxe. En informática, a esta linguaxe e conxunto de regras chámaselle protocolo. O protocolo máis utilizado é o TCP/IP.
-Dirección IP. É a dirección de rede do ordenador. Cada un dos ordenadores que forman parte da rede identifícase por un número denominado dirección IP.
-Máscara de rede. Número similar á dirección IP, que determina que parte da dirección IP especifica ao equipo e que parte á subrede a que pertence. Utilízase para crear subredes.
-Grupo de traballo. Os equipos agrúpanse en subredes para facilitar o seu uso. Para que os equipos dunha rede se poidan conectar entre si han de estar nun mesmo grupo de traballo.
-Porta de enlace ou Gateway. É a dirección IP a través da cal se sae da rede local cara ao exterior, xa sexa outra rede ou internet.
-DNS, Sistema de Nome por Dominio. As direccións IP son difíciles de recordar polos usuarios. Por iso utilízase en DNS que asocia as direccións IP a un conxunto de palabras máis doadas de recordar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario